Asociación Participa

Quen Somos

A ASOCIACIÓN PARTICIPA para a Inclusión Social é unha asociación sen ánimo de lucro creada no ano 2003.
Os nosos fins son:
  • A promoción de mecanismos de participación e inclusión social para persoas que pertenzan a colectivos en situación de desvantaxe por razóns físicas, sociais, étnicas, económicas, culturais e outras de similar natureza.
  • O fomento de actividades culturais, educativas, artísticas, físicas e de lecer saudable. Estas accións estarán dirixidas a poboación con diversidade funcional ou non; co obxectivo de facilitar o proceso de normalización social, actuando coma promotores de valores, actitudes e comportamentos inclusivos.
  • A contribución activa á mellora das condicións de vida das persoas adultas e menores residentes en países en vías de desenvolvemento, así como a mellorar a atención, visibilidade e condicións de vida das persoas refuxiadas ou en situación de migración forzosa.
A continuación descríbense as nosas áreas de intervención:...

Área de Apoio Social

Acompañarte

Programa de autocuidado que utiliza o adestramento emocional como ferramenta para mellorar a saúde, a través de actividades grupais e de carácter lúdico-formativas que fomentan actitudes e comportamentos sans de autocuidado físico, social, emocional e cognitivo.
  • PERSOAS DESTINATARIAS: Programa de balde, dirixido a persoas adultas con pouca rede social e/ou en risco de exclusión
  • ENTIDADES DERIVANTES: Servizos Sociais municipais, ONGs, Centros de Atención Primaria e Unidades de Saúde Mental
  • OBXECTIVO: Facilitar o traballo en equipo e o apoio social, compartindo un espazo e un grupo de lecer saudable mentres xeramos emocións agradables, funcionais e reparadoras
  • Desenvolto dende o ano 2010.

Aliad@s

Aliad@s é un programa de intervención Socio Formativa para mozos e mozas que, por diferentes circunstancias, non participan en accións formativas regradas, sociais nin laborais, o que lles coloca nunha situación de risco social.
  • PERSOAS DESTINATARIAS: Programa de balde, dirixido a mozos/as entre 16 e 21 anos cunha situación persoal, familiar, escolar ou social, que lles levou a desvincularse da formación regrada e a actividade socio laboral
  • ENTIDADES DERIVANTES: Servizos Sociais Municipais, ONGs, Centros de Atención Primaria e Unidades de Saúde Mental
  • OBXECTIVO: Reducir o risco de exclusión social e favorecer o axuste persoal, social e laboral. Isto implica xerar previamente un contexto de apoio emocional percibido; de seguridade e de confianza entre o equipo técnico e o grupo participante
  • Desenvolto dende o ano 2020.

Madres

Madres é un programa de intervención familiar integral, que actúa sobre a área persoal, familiar, social e laboral, e que conta con diferentes modalidades de atención, así coma un espazo formativo e outro dedicado á conciliación familiar.
  • PERSOAS DESTINATARIAS: Programa de balde, dirixido a nais con fillos/as pequenos/as a cargo, sen apoios, sen traballo estable, con problemas económicos e/ou víctimas de violencia
  • ENTIDADES DERIVANTES: Servizos Sociais Municipais, ONGs, Centro de Atención Primaria, Centros de Orientación Familiar e Unidades de Saúde mental
  • OBXECTIVO: Reducir o risco de desestruturación e mellorar o nivel de axuste sociofamiliar, a través de diferentes accións formativas, laborais e de intervención social
  • Desenvolto dende o ano 2020.

Peques

Programa socio comunitario que combina a atención presencial coa actividade a distancia, no que as familias reciben formación á vez que os/as menores levan a cabo actividades lúdico educativas. Tamén faise entrega de materiais e recursos básicos de hixiene, educación e alimentación, apoio e seguimento, acompañamento etc.
  • PERSOAS DESTINATARIAS: Programa de balde, dirixido a familias con menores de 0 a 6 anos de idade
  • ENTIDADES DERIVANTES: Servizos Sociais Municipais, ONGs, Centros de Atención Primaria e Centros de Orientación Familiar
  • OBXECTIVO: Apoioar ás familias proporcionando o desenvolvemento físico, social, emocional e intelectual dos menores, paa compensar as carencias derivadas da súa situación socio-económica
  • Desenvolto dende o ano 2018.

Tartarugas

Programa dirixido a familias en risco de exclusión social. Consta de actividades de competencias académicas básicas, actividades lúdico educativas e entrega de recursos de primeira necesidade. A participación inclúe merenda saudable e apoio e acompañamento en trámites, xestións, formación, etc. para as familias participantes. O programa busca dotar ás familias dos recursos necesarios para converterse en axentes activos de protección e promoción da saúde de todos os seus membros, principalmente dos/as menores.
  • PERSOAS DESTINATARIAS: Programa de balde, dirixido a familias con menores de 4 a 12 anos de idade
  • ENTIDADES DERIVANTES: Servizos Sociais Municipais, ONGs, Centros de Atención Primaria e Centros de Orientación Familiar
  • OBXECTIVO: Proporcionar unha rede de encontro e apoio social onde facilitar formación, atención e recursos ás familias participantes
  • Desenvolto dende o ano 2016.

Invisibles

Programa autonómico de Intervención para persoas en situación de desamparo, que ofrece apoio e acompañamento en trámites, xestións e outras situacións de carácter puntual, provisión de recursos de primeira necesidade e servizo de atención telefónica para persoas en situación de illamento social.
  • PERSOAS DESTINATARIAS: Programa de balde, dirixido a persoas en situación de risco e exclusión social
  • ENTIDADES DERIVANTES: Servizos Sociais Municipais, ONGs, Centros de Atención Primaria, Unidades de Saúde Mental e Centros de Orientación Familiar
  • OBXECTIVO: Proporcionar protección e apoio económico, emocional, formativo e social a persoas en situación de vulnerabilidade
  • Desenvolto dende o ano 2016.

Área de Arte e Saúde

Programa de Axuste Social

,
Sesión didácticas que empregan a arte coma ferramenta para mellorar os niveis de participación, axuste social e calidade de vida das persoas con diversidade funcional. As actividades centran os seus obxectivos en dúas áreas fundamentais que se traballan a través da arte: adestramento emocional e adestramento cognitivo.
  • PERSOAS DESTINATARIAS: Programa de balde, dirixido a entidades e centros de persoas con diversidade funcional, deterioro cognitivo, enfermidade mental e/ou risco de exclusión social
  • OBXECTIVO: Empregar a arte coma ferramenta para traballar e mellorar as capacidades cognitivas básicas
  • Desenvolto dende o ano 2005.

Programa de Participación Social a Distancia

,
Deseñado para incorporar ao programa anterior a persoas e entidades situadas nun entorno rural e/ou afastadas da cidade, persoas cun nivel alto de deterioro e, en xeral, a calquera grupo con dificultades de acceso para realizar actividades presenciais na cidade. Ademais de facilitar un dereito básico de acceso á cultura, este Programa céntrase en mellorar as capacidades cognitivas e emocionais básicas. O programa inclúe o envío en formato dixital de actividades para realizar nos propios centros, no que actualmente participan máis de 90 entidades de toda Galicia.
  • PERSOAS DESTINATARIAS: Programa de balde, dirixido a entidades e centros de persoas con diversidade funcional, deterioro cognitivo, enfermidade mental e/ou en risco de exclusión social
  • OBXECTIVO: Empregar a arte como ferramenta para traballar e mellorar as capacidades cognitivas básicas
  • Desenvolto dende o ano 2009.

Integración Activa

.
Liña de actuación que busca xerar espazos compartidos para a participación conxunta de persoas de calquera idade e condición. O seu obxectivo é favorecer as actividades inclusivas e de normalización social a través da realización de activiades artísticas, culturais e de lecer: dramatización, narrativa, edición audiovisual, desenvolvemento de eventos conmmemorativos de entidades sociais e sanitarias, certames, accións de lecer saudables.
  • PERSOAS DESTINATARIAS: Programa de balde, dirixido a entidades e centros de persoas con diversidade funcional, deterioro cognitivo, enfermidade mental e/ou en risco de exclusión social, centros educativos e poboación en xeral
  • OBXECTIVO: Desenvolver accións artísticas, culturais e de lecer que fomenten e favorezan a inclusión e a participación social
  • Desenvolto dende o ano 2010.

Adestramento Emocional e Cognitivo a través da Arte

.
Programa autonómico que emprega a arte coma ferramenta de lecer saudable e de adestramento emocional e cognitivo, mellorando os niveis de benestar, autonomía e saúde funcional das persoas maiores usuarias dos centros residenciais.
  • PERSOAS DESTINATARIAS: Programa de balde, dirixido a centros residenciais de persoas maiores
  • OBXECTIVO: Empregar a arte como ferramenta para traballar e mellorar as capacidades cognitivas e emocionais básicas
  • Desenvolto dende o ano 2018.

Área de Cooperación para o Desenvolvemento

Refugia

Proxecto de Apoio Social dirixido ás persoas refuxiadas e a tod@ s as vítimas da migración forzosa. As accións buscan proporcionar recursos materiais e/ou persoais e desenvolver programas que melloren a súa seguridade, a súa educación, a súa capacitación laboral e o seu lexítimo dereito a unha vida digna e en paz.
  • PERSOAS DESTINATARIAS: Persoas refuxiadas por conflitos bélicos, catástrofes naturais, persecución política, violencia ou calquera outro motivo que poña en risco a súa integridade e dereitos fundamentais
  • OBXECTIVO: Mellora a calidade de vida e expectativas das persoas afectadas por procesos de migración forzosa e das persoas refuxiadas, proporcionando apoio social nas áreas de atención, educación e capacitación
  • Desenvolto dende o ano 2016.

Protege

Programa de sensibilización e formación sobre a situación das persoas refuxiadas nos campos de Grecia, composto por cursos e conferencias sobre cooperación internacional, e por unha exposición fotográfica sobre as experiencias de cooperación levadas a cabo no proxecto Refugia.
  • PERSOAS DESTINATARIAS: Programa de balde, dirixido a centros educativos e persoas interesadas en xeral
  • OBXECTIVO: Formar e sensibilizar sobre a situación das persoas refuxiadas en Grecia
  • Desenvolto dende o ano 2018.

Atención Sociosanitaria a Menores en Addis Abeba e Debrelivanos, Etiopía

O Servizo d Atención Infantil na Foster House de Cielo 133 en Etiopía, posibilita identificar unha necesidade de intervención para os/as menores en situación de risco de abandono por parte das súas familias. Para iso, o Servizo e Atención de Día para menores en situación de risco, enfermidade e/ou discapacidade, con prazas limitadas e centrado na atención exclusivamente diurna, trata de compensar as carencias familiares e posibilitar, tras un tempo de intervención, que o menor siga convivindo coa súa familia de orixe.
  • PERSOAS DESTINATARIAS: Menores con algún tipo de enfermidade e/ou discapacidade, en situación de orfandade ou en risco de abandono por parte das súas familias
  • OBXECTIVO: Contribuir á permanencia do menor coa súa familia de orixe, a través da estancia na Foster House para a súa atención, alimentación, formación e coidado durante a xornada diaria
  • Desenvolto dende o ano 2009.

Área de Educación e Formación

Mozos Seguros

Programa formativo destinado a mozos, persoal docente e familias, sobre o uso seguro e responsable das Redes Sociais e as Tecnoloxías da Información e Comunicación Social (TICS).
  • PERSOAS DESTINATARIAS: Programa de balde, dirixido a centros educativos, familias, persoal docente e poboación interesada en xeral
  • OBXECTIVO: Proporcionar información e recomendacións que favorezan un uso seguro e responsable das TICS e das Redes Sociais
  • Desenvolto dende o ano 2017.

Actúa Diferente para ser Igual

Programa destinado a traballar a igualdade de xénero e o bo trato, que busca contribuír á reflexión e a concienciación sobre a situación de discriminación que sofren as mulleres e as persoas con diversidade funcional.
  • PERSOAS DESTINATARIAS: Programa de balde, dirixido a centros educativos e entidades de persoas con diversidade funcional
  • OBXECTIVO: Xerar espazos inclusivos e igualitarios onde traballar contidos baseados no bo trato e a igualdade de xénero
  • Desenvolto dende o ano 2015.

Área de Ocio Saudable

Achega

Programa de actividades relacionados co libro e a lectura, dirixidas a persoas con diversidade funcional e a entidades sociais, que busca fomentar a participación activa e as actividades inclusivas dende as Bibliotecas.
  • PERSOAS DESTINATARIAS: Programa de balde, dirixido a persoas con diversidade funcional e a entidades sociais interesadas en actividades de lecer e cultura saudable, relacionadas cos libros e a lectura
  • OBXECTIVO: Contribuír a crear espazos de encontro, inclusivos e diversos a través de actividades lúdicas e didácticas de fomento da lectura
  • Desenvolto dende o ano 2019.

Arte para Coidarte

Programa para coñecer, visitar e gozar as manifestacións artísticas no entorno urbano de A Coruña (arquitectura, pintura, escultura...), a través de rutas de sendeirismo accesibles e deseñadas para persoas con diversidade funcional.
  • PERSOAS DESTINATARIAS: Programa de balde, dirixido a entidades de persoas con diversidade funcional, deterioro cognitivo e persoas en situación de risco e/ou exclusión social
  • OBXECTIVO: Empregar as manifestacións artísticas da cidade como ferramentas para promover a inclusión social e a saúde funcional. Este concepto inclúe beneficios para a saúde física, a través de rutas de sendeirismo saudables e accesibles; para a saúde social, a través da participación en actividades culturais grupais e inclusivas; e para a saúde mental, a través da experimentación de emocións positivas e do adestramento en capacidades cognitivas básicas
  • Desenvolto dende o ano 2018.

Graffiti Inclusivo

Programa socio comunitario no que, de xeito conxunto entre o alumnado de centros educativos e persoas usuarias de diferentes entidades e centros sociais, se deseña e elabora un mural que transmita unha mensaxe positiva e inclusiva nalgún dos centros e/ou entidades participantes.
  • PERSOAS DESTINATARIAS: Programa de balde, dirixido a entidades de persoas con diversidade funcional, persoas en situación de risco e/ou exclusión social e centros educativos
  • OBXECTIVO: Mellorar os niveis de participación e inclusión social a través de actividades artísticas que potencien as capacidades creativas e o traballo en equipo, fomentando a relación entre o alumnado de centros educativos e as persoas usuarias de diversas entidades e centros sociais
  • Desenvolto dende o ano 2012.