Atención Sociosanitaria a Menores en Addis Abeba e Debrelivanos, Etiopía
O Servizo d Atención Infantil na Foster House de Cielo 133 en Etiopía, posibilita identificar unha necesidade de intervención para os/as menores en situación de risco de abandono por parte das súas familias. Para iso, o Servizo e Atención de Día para menores en situación de risco, enfermidade e/ou discapacidade, con prazas limitadas e centrado na atención exclusivamente diurna, trata de compensar as carencias familiares e posibilitar, tras un tempo de intervención, que o menor siga convivindo coa súa familia de orixe.
- PERSOAS DESTINATARIAS: Menores con algún tipo de enfermidade e/ou discapacidade, en situación de orfandade ou en risco de abandono por parte das súas familias
- OBXECTIVO: Contribuir á permanencia do menor coa súa familia de orixe, a través da estancia na Foster House para a súa atención, alimentación, formación e coidado durante a xornada diaria
- Desenvolto dende o ano 2009.